Vestidor bohardilla

Vestidor adaptado a teitos inclinados baixo cuberta. Fabricado en taboleiro de melamina hidrófuga de deseño nórdico, con frontes de caixón, frontes de zapateiros, zócalos e cornixas en madeira maciza de Nogueira do país. Conxunto completado con diversos elementos como iluminación led con acendido por detector de movemento, barras de colgar, pantaloneiros, guías de caixón con peche amortecido, zapateiros, etc…

Armario detalles nogal

Armario encaixado con interiores fabricados en taboleiro de melamina gris con acabado pel. Os interiores están completamente equipados con todo tipo de complementos para aproveitar o espacio ata o ultimo centímetro, colgadoiros abatibles, caixóns con peche amortecido, pantaloneiros, barras de colgar e zapateiros, todo acabado en color gris antracita. No apartado de iluminación, leva tiras de led na parte superior que acenden e apagan o abrir e pechar as portas.

Mención especial para o fronte, que esta composto por dúas portas corredoiras de gran formato montadas sobre guías HETTICH XXL, que aportan una rozadura extremadamente silenciosa e peche amortecido. En este caso o cliente permitiume recrearme no deseño das portas e optei por un lacado branco con incrustacións de pezas de Nogueira do país serradas “a figura”, tamén fixen unas incrustación de bolboretas con contraste na veta para darlle a todo o conxunto un deseño completamente exclusivo.

Escaleira volada

Este tipo de escaleiras e un concepto de tendencia actual e esta fabricada en madeira maciza de Roble branco americano. Na parte bolada que se sustenta sobre a estrutura metálica os pasos están fabricados como una funda para acoplarse de cabeza deixando a estrutura metálica totalmente oculta. Os pasos están armados e encolados mediante xunta macho – femia a inglete.

Na rampla de formigón vai ancorada sobre rastrel de castaño e construídos mediante o mesmo sistema de ingletes.

Habitación infantil

Estes conxunto de habitación infantil esta composto por armario, escritorio e caixón con tapa de asento. Este ultimo esta fabricado en madeira de Roble branco americano e esta equipado con guías SALICE con carga de ata 70 kg. Para a apertura de caixón fixen un uñeiro fresado no propio fronte do caixón.

As baldas e a mesa de escritorio están fabricadas de DM hidrófugo lacado en branco, instaladas con ferraxe oculta. A mesa leva unha base encastada con mecanismo de elevación e múltiplex conexións, USB, HDMI, cargador 6V e tomas de corrente.

O armario esta fabricado en melamina hidrófuga branco Soft para os interiores e o espello e un laminado para evitar posibles accidentes en un entorno infantil.

Mesa baixa roble

Mesa de centro baixa fabricada en madeira maciza de Roble branco americano, como detalle peculiar temos as unións do conxunto mediante ensamblado de unión recta, perfilado de liñas rectas no exterior e biselado a 45 grados nas partes interiores para facilitar a apertura dos caixóns que en este caso non levan tirador.

Mesa deseño roble

Mesa de deseño especial fabricada integramente en madeira maciza de Roble americano branco, as unións están reforzadas con placas metálicas unidas a vara roscada de 14 mm.

A peculiar forma da estrutura inferior requiriu moito traballo con ferramentas manuais ata lograr a forma e medida desexada. A tapa da mesa ten una lonxitude de 280 cm lixeiramente ovalada aínda que nos extremos sexa recta.

Moble entrada palilleria

Amoblamento en zona de entrada e salón, combinación de madeiras macizas con contrachapados e paneis lacados. Portas, caixóns, baldas, colgadoiros e iluminación para dar un toque cálido e actual.

Moble viñoteca

Moble en salón con función viñoteca, fabricado en combinación de contrachapado de Roble e paneis lacados alto brillo. Bisagras e guías de caixón con sistema push to open e iluminación led que da protagonismo o lacado alto brillo.

Porta maciza castaño vello

Porta fabricada a medida con madeira de castaño reciclada e proporcionada polo cliente. O resultado e una porta de porte clásico que incorpora as manchas e peculiaridades de cada pedazo de madeira.